11 feb 2025

Xosé Merelles analiza co presidente da Federación Empresarial de Turismo e Hostalería de Pontevedra a organización dun foro sobre turismo responsable

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reuniuse co presidente da Federación Empresarial de Turismo e Hostalaría de Pontevedra (Feprotur), César Ballesteros, na que abordaron a organización do I Foro de Turismo Feprotur. Turismo responsable. Cara un crecemento intelixente.

Trátase dun encontro que pretende abrir un foro de discusión entre os principais actores do sector turístico para reflexionar sobre como garantir un crecemento ordenado, respectuoso coa sostibilidade e apoiado polas ferramentas dixitais. Xosé Merelles comprometeuse a avaliar a participación do seu departamento nesta cita do sector turístico pontevedrés.

Arriba