Xosé Merelles e Covadonga Toca entregan os premios ‘Investir en Ciencia si é rendible’
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a e a directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Covadonga Toca Carús, participaron na clausura do III Encontro ‘Investir en ciencia si é rendible’ que tivo lugar no Auditorio Abanca da cidade compostelá.
Durante o acto, Xosé Merelles e Covadonga Toca fixeron entrega de cadanseu premio ‘Investir en Ciencia si é rendible’ a Tastelab-Sensesbit e Inverbis, respectivamente. Ademais, o director de Turismo de Galicia salientou a oportunidade de eventos coma este que afianzan a investigación e a innovación como fenómenos mundiais e transversais engadindo que “son moitos os países que orientan estes factores cara o crecemento, a creación e empresas, o desenvolvemento e por suposto a xeración de emprego”.