03 abr 2025

Xosé Merelles visita a montaxe do Festival Jaleo! que celebra a primeira edición este 2025 co apoio da Xunta

A punto de celebrarse o Festival Jaleo! o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, supervisou a montaxe do evento musical que se celebra o sábado 5 de abril no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela e que se enmarca nos Concertos do Xacobeo.

A cita  tenta enriquecer a proposta turística urbana e musical durante a primavera na capital de Galicia. Polo escenario do Festival Jaleo! desfilarán nomes como Viva Suecia, Zahara, Sexy Zebras, Carlos Ares, Dani Dicostas e David Van Bylen nunha mestura de estilos e sons para todos os gustos. A Xunta contribúe á celebración deste festival achegando máis de 145.000 euros.

O programa Concertos do Xacobeo regresa este 2025 cun programa amplo e plural, que apoia os principais eventos musicais da comunidade. En total serán máis de 40 eventos e 500 bandas e artistas imprescindibles da escena musical internacional, nacional e galega, que visitarán Galicia ao longo de todo o ano.

Arriba