Xosé Merelles explica os eixes estratéxicos da Xunta en materia turística a un grupo de estudantes da Universidade de Girona
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro cun grupo de alumnos do grao de Turismo da Universidade de Girona, que se interesaron pola Estratexia de Turismo de Galicia 2030 como marco do deseño e execución das políticas en materia turística do Goberno galego.
Durante o encontro, o director de turismo de Galicia salientou os bos resultados que se están a acadar con máis de 8m de visitantes o pasado ano, dos cales o 30% eran de orixe internacional. Xosé Merelles puxo en valor os eixes de actuación da xunta nesta materia que se centran na desestacionalización, na diversificación do destino e tamén na internacionalización, todos eles incluídos na folla de ruta da estratexia de turismo.