19 mai 2025

A Xunta e o Clúster de Turismo reforzan o seu labor a prol da promoción da calidade alimentaria galega

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte,mantiveron  unha xuntanza con representantes do Clúster de Turismo de Galicia.

O encontro serviu para estreitar os lazos de colaboración entre a Xunta e a dita entidade a prol do desenvolvemento do rural galego, especialmente en ámbitos como a promoción da calidade alimentaria, moi ligada á oferta turística da Comunidade autónoma.

A conselleira puxo en valor, precisamente, a vinculación existente entre o turismo e as producións agroalimentarias de Galicia, así como as sinerxías que existen entre ambos eidos e que conflúen en ámbitos como o da promoción. Neste sentido, sinalou que a oferta gastronómica galega constitúe un dos principais atractivos para os turistas en Galicia e, ao tempo, a afluencia de visitantes contribúe tamén a expandir o consumo dos produtos do agro e ao seu coñecemento máis aló das fronteiras da Comunidade.

Arriba