O Centro Superior de Hostalería de Galicia celebra xornadas de portas abertas tódolos sábados de xuño para incentivar a elección de futuros estudantes
O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) está a celebrar todos os sábados deste mes de xuño unha xornada de portas abertas para dar a coñecer a oferta académica do centro así como as instalacións nas que se imparte formación en xestión de empresas hoteleiras e ensinanzas superiores da rama de hostalería, en concreto, cociña e pastelaría.
As xornadas que se desenvolven cada sábado de 11,00 a 13,00 horas, están dirixidas a mozos e mozas, así como ás súas familias, que nun futuro poidan decantarse polos estudos que oferta o centro. Acompañados polo persoal do CSHG, os asistentes percorren as instalacións, incluíndo aulas, simuladores de restaurante e hotel e residencia estudantil. Reciben tamén información sobre as titulacións, a metodoloxía da ensinanza, as prácticas na escola e as estadías cada curso en hoteis, os requisitos de acceso, a matrícula, o prezo dos servizos, as bolsas de estudo e exencións.
Os estudos que se ofertan no CSHG contan cunha inserción laboral do 90% grazas ao seu plan de estadías en empresa que varían de tres meses cada curso, agás o último que son 6 meses. Todos os anos, máis de 20 compañías e empresas visitan o centro e entrevistan ao alumnado para as prácticas de verán. Dispón dunha ampla rede de contactos en cadeas hoteleiras e outras empresas turísticas grazas, en parte, a que os alumnos egresados ocupan posicións destacadas no sector que facilitan o networking e ofrecen oportunidades profesionais.
Para máis información ou para buscar outras datas de visita, poden chamar ao 981 54 25 93/59, enviar un WhatsApp (689 188 437) ou un correo electrónico (info@cshg.es). Tamén se poden inscribir na web https://www.cshg.gal/es/oferta/conecenos.