29 xuñ 2025

Xosé Merelles entrega os premios do Campionato do Mundo Senior Pitch & Putt que por primeira vez se celebra en Galicia co apoio da Xunta

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou na entrega de premios do Campionato do Mundo Senior Pitch & Putt que tivo lugar no campo Tambre Golf & Croquet, en Sigüeiro. No torneo participaron 130 deportistas chegados de países como Chile, Eslovenia, Alemaña, Francia, Noruega e Suíza e de Comunidades Autónomas como País Vasco, Asturias e Cataluña, entre outros.

Xosé Merelles agradeceu á organización que por primeira vez se celebrase en Galicia este torneo, que ten unha periodicidade de cada catro anos. O último tivo lugar en Barcelona. O director de Turismo de Galicia salientou a importancia destas citas de carácter singular e de alcance internacional para situar a comunidade galega como referente neste tipo de celebracións e eventos.

O apoio de Turismo de Galicia a este evento enmárcase na súas estratexia por promover este tipo de citas singulares con especial proxección no ámbito internacional, un mercado prioritario e que está a medrar nos últimos anos. De feito, o pasado ano supuxo un 30% da demanda e o mes de maio deste ano un 41%.

Arriba