24 xul 2025

Xosé Merelles visita a montaxe do Morriña Festival que espera superar nesta edición os 40.000 asistentes de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou o recinto no porto da Coruña no que se celebrará o Morriña Festival, unha das citas musicais máis relevantes da época estival na cidade herculina que forma parte dos Concertos do Xacobeo. Durante o percorrido estivo acompañado pola delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo.

Xosé Merelles amosou o seu desexo de que nesta edición se supere os 40.000 asistentes de 2024 e destacou tamén a oferta potente de artistas internacionais e nacionais. Entre eles, están Nathy Peluso, Ozuna, Beelé, Hhayco, Alleh y Yorghaki, Jhayco, Mikel Izal, Ginebras, Elena Rose, BePignoise, Alcalá Norte e DuncanDhu.

Arriba