30 set 2025

Xosé Merelles pon en valor o traballo do sector turístico pola calidade que afianza o destino e mellora a competividade

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou na entrega das distincións SICTED ao destino Terras de Compostela. No evento recoñecéronse 34 establecementos desta comarca que iniciaron a solicitude en 2024 ou que se prepararon para renovala durante o ano pasado.

Durante a súa intervención, Xosé Merelles valorou traballo a favor dun turismo de calidade na comarca, que resulta recoñecida con estas certificacións. O director de Turismo de Galicia incidiu na aposta que se está a facer desde a Xunta por garantir uns estándares nas empresas e servizos turísticos da comunidade, que “selos como este ou os Q de Calidade Turística e S de Sustentabilidade avalan”.

Merelles referiuse á Estratexia de Turismo 2030 como folla de ruta das actuacións en materia turística do Goberno galego e destacou que desde a Xunta se conta cunha liña de axudas anuais a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada para os procesos de certificación, seguimento e renovación de normas UNE. Actualmente está aberto o prazo para a súa solicitude, que vence o 13 de outubro. Conta cunha dotación de 210.000€.

O Sistema Integral de Calidade Turística Española dos Destinos céntrase na mellora da calidade de destinos turísticos a través das certificacións SICTED. En Galicia hai 1.190 servicios turísticos distinguidos que contan con esta distinción.

Arriba