12 mar 2026

Turismo de Galicia e a Asociación Profesional de Guías de Galicia apostan por promocionar a súa labor como prescriptores da calidade do destino

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co presidente da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT Galicia), Joaquín Rubal, con quen abordou distintas accións de posta en valor do traballo que desenvolven os guías profesionais. Neste sentido, Xosé Merelles e Joaquín Rubal analizaron varias posibilidades de promoción e visibilización desta profesión a través de campañas de comunicación.

Ademais, entre outras cuestións tamén trataron a mellora do desenvolvemento deste traballo a través da dixitalización e novas tecnoloxías, así como a posibilidade de incentivar a actividade inspectora para evitar a competencia desleal no sector. Xosé Merelles valorou a achega destes profesionais á construción da imaxe de destino entre os visitantes e salientou o valor da súa profesionalización e formación continua para ofrecer a mellor información dos recursos da oferta turística de Galicia.

Arriba