25 xuñ 2026

A Xunta comparte co sector turístico da Costa da Morte a experiencia en cicloturismo do experto estadounidense Jeff Olson

O director de Turismo de Galicia participou na presentación da conferencia ‘Desde o Gran Canón ao Empire State Trail e ao Camiño de Santiago’, impartida por Jeff Olson, ex asesor da Casa Branca en materia de mobilidade sostible e unha das figuras de referencia internacional na promoción do uso da bicicleta como medio de transporte e desenvolvemento turístico. Impulsor de grandes proxectos ciclistas como o roteiro do Gran Canón de Colorado e o Empire State Trail de Nova York, Olson é tamén autor do libro ‘The Third Mode: Towards a Green Society’ e un destacado prescriptor do destino Galicia nos Estados Unidos. Durante a súa estancia esta semana na comunidade está a coñecer diferentes enclaves galegos así coma as oportunidades do territorio para o desenvolvemento do cicloturismo.

Na súa intervención, o director de Turismo destacou a aposta da Xunta por un modelo turístico sustentable e de calidade, no que o cicloturismo desempeña un papel cada vez máis relevante. Galicia conta coa singularidade de ser a única rexión europea na que conflúen e finalizan dous grandes itinerarios da rede EuroVelo, a EuroVelo 1 e a EuroVelo 3, ambos con remate en Cabo Fisterra, un dos grandes símbolos do cicloturismo continental.. Ademais, o interese pola bicicleta tamén se reflicte no Camiño de Santiago, que suma xa este ano 8.675 peregrinos que realizaron a ruta en bicicleta.

Arriba