10 xul 2017

#DámeGalicia, a nova campaña promocional do turismo galego, chegará a preto do 90% dos fogares españois

 Elixiuse un formato en base ás experiencias en primeira persoa dos viaxeiros transmitindo a imaxe de Galicia como destino tranquilo, natural e gastronómico

O Camiño de Santiago, as praias, o interior galego, os balnearios ou as festas son algúns dos moitos recursos expostos na campaña

Inclúense televisións, radios, prensa xeneralista e especializada, suplementos, revistas, radios así como publicidade exterior e en webs especializadas

 O turismo galego estrea estes días nova campaña promocional que, baixo o slogan #DámeGalicia, opta por un formato innovador en base ás experiencias en primeira persoa dos viaxeiros. Nela, transmítense sensacións centradas no potencial da Comunidade galega como destino vacacional tranquilo, natural, cultural e gastronómico.

A campaña arrancou nos medios de comunicación, incluíndo televisións, radios, prensa xeneralista e especializada, suplementos e revistas chegando a alcanzar preto dun 90% de cobertura para os mercados nacionais e interno.

Así, durante este verán emitiranse spots publicitarios e publicaranse anuncios en medios de comunicacións nacionais e galegos, e incluirase tamén publicidade exterior en diversas cidades. #DámeGalicia tamén estará presente en buscadores e redes sociais, así como en sitios web de viaxes e turismo.

O Camiño de Santiago, as praias galegas, os balnearios, o potencial da costa e interior de Galicia ou as festas son algúns dos moitos recursos presentes na campaña, que pretende chegar ao mercado nacional e interno, grandes mercados emisores para Galicia. De feito, o mercado nacional rexistrou nos primeiros cinco meses do ano a cifra máis alta dos últimos sete anos e unha subida de máis do 5 % en viaxeiros.

En redes sociais

A campaña #DámeGalicia chegará tamén ao mercado internacional, especialmente a Europa e Norteamérica a través de promoción dixital, en medios online e web especializadas.

Con esta campaña, Turismo de Galicia afonda no seu compromiso por poñer en valor os recursos de Galicia e promover o destino nos mercados nacionais e internacionais co obxectivo de que o turismo en Galicia medre e o faga de maneira sustentable, ata alcanzar en 2020 os seis millóns de turistas. No que vai de ano, a Comunidade galega recibiu máis de 1,4 millóns de visitantes, unha cifra nunha antes acadada nos cinco primeiros meses do ano.

 

Arriba