06 dec 2013

A alumna do Centro Superior de Hostelería de Galicia Elena Vázquez Candanedo é a gañadora do prestixioso concurso internacional Hyatt Student Prize 2013

O Centro Superior de Hostelería foi seleccionado entre as 19 mellores escolas de Europa. Elena Vázquez Candanedo realiza o último curso de Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hoteleiras.


A estudante, única participante española, permanecerá unha semana de prácticas na central da cadea Hyatt en Chicago.


Hyatt Hotels Corporation é unha compañía con presenza en 45 países e con máis de 380 establecementos de aloxamento.

A alumna do Centro Superior de Hostelería de Galicia Elena Vázquez resultou premiada co Hyatt Student Prize 2013. O Centro Superior de Hostelería, dependente de Turismo de Galicia, foi unha das oito escolas finalistas no prestixioso concurso da cadea Hyatt e foi seleccionado entre as 19 mellores escolas de toda Europa, sendo a única representante en España. O Hyatt Student Prize trátase dun galardón de gran prestixio, tanto para os alumnos gañadores como para as escolas que representan.

Elena Vázquez Candanedo realizou prácticas no Hostal dos Reis Católicos; no Sheraton de Canarias, no Sofitel Luxury Hotels and Resortes de Bruxelas; e no Rocco Forte Hotels tamén de Bruxelas.

O certame, fallado en París, escolle ao mellor estudante internacional de xestión hoteleira. Hyatt Hotels Corporation é unha compañía con sede en Chicago e presenza en 45 países e composta por máis de 380 hoteis e resorts.

Alumnos de Centro Superior de Hostelería de Galicia xa competiron neste certame noutras seis ocasións e quedaron finalistas en tres delas. Nesta ocasión, xunto co CSHG competiron polos galardóns os alumnos do Institut Paul Bocuse, do ESSEC, de L’Ecole de Savignac, de The Hong Kong Polytecnich University, de Le Roches International School of Hotel Management e L’Ecole Hôlelière de Lausanne, ambas suízas; así como da alemana International University of Applied Sciences Bad Honnef.


O xurado estivo encabezado por Carlo D’Asaro Biondo, presidente de operacións para o Sur e Este de Europa, Oriente Medio e África de Google. Ademais estará composto polo responsable de ventas e marketing da divisón de Hyatt, Gerard Petit; polo director xerente de Montblanc, Michel Adé; poo presidente de Warner Bros. Enterteinment Francia, Iris Knobloch; polo responsable da División de Produtos Lácteos de Danone, Thomas Kunz; pola representante de Aufeminin.com, Marie-Laure Sauty de Chalón; polo director de marketing de Hyatt, John Wallis e mais polo periodista de televisión e locutor de radio Nikos Aliaga.

Unha semana de prácticas na central da cadea en Chicago
O obxectivo do certame é premiar aos estudantes con máis talento da industria hoteleira e que estes teñan oportunidade de coñecer aos executivos de Hyatt e o estilo de xestión da empresa. O estudante distinguido co premio permanecerá unha semana de prácticas na central da cadena en Chicago, o segundo estará unha semana na base de operacións rexional para Europa, África e Oriente Medio, que está en Zurich e o terceiro terá unha estadía dunha semana en París cos directores xerais da cadea na capital francesa.

Arriba
Axúdanos a mellorar!