05 out 2016

A Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo constitúen a Mesa Provincial dos Camiños de Santiago Escoitar

O obxectivo é poñer en valor as rutas xacobeas que transcorren pola provincia de maneira coordinada entre as administracións locais, provincial e autonómica así como os outros axentes implicado

Durante o acto, Rafael Sánchez analizou o traballo de Turismo de Galicia en torno ao Camiño de Santiago, facendo especial fincapé nas actuacións realizadas na provincia de Lugo

Unha vez configurada a Mesa Provincial, tivo lugar o acto de constitución de tres mesas sectoriais dos Camiños de Santiago: unha institucional, unha formada polas Asociacións xacobeas e unha mesa técnic

 

 

A Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo constituíron  a Mesa Provincial dos Camiños de Santiago co obxectivo de poñer en valor as rutas xacobeas que transcorren pola provincia de maneira coordinada entre as administracións locais, provincial e autonómica así como os outros axentes implicados.

A iniciativa foi impulsada por Turismo de Galicia, ao abeiro do Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago trala constitución e efectividade das mesas provinciais de Pontevedra e Ourense, e acollida pola Deputación de Lugo.

O acto contou coa participación do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, do presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, da directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez Insua, e do deputado de Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal Baamonde.

Durante a súa intervención, o xerente do Xacobeo analizou o traballo de Turismo de Galicia en torno ao Camiño de Santiago, facendo especial fincapé nas actuacións realizadas na provincia de Lugo.

Rafael Sánchez destacou a importancia do Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago como folla de ruta que marca as estratexias de Galicia de cara ao vindeiro Ano Santo 2021.

Neste sentido, expuxo as principais actuacións de Turismo de Galicia no que se refire ao Camiño de Santiago resaltando, entre outras, a aposta pola Rede Pública de Albergues coa rehabilitación da Casa de Pasarín para a súa conversión en albergue de peregrinos en A Fonsagrada, o acondicionamento do albergue de Ferreiros en Paradela ou a dotación de rede wifi, entre outras iniciativas.

Así mesmo, fixo referencia ás intervencións levadas a cabo en relación á conservación e sinalización do Camiño, entre as que destacou, entre outras, a recuperación e sinalización do Camiño Francés adaptada á delimitación oficial, a redacción do proxecto e inmediata adxudicación da recuperación e sinalización do Camiño Primitivo e Camiño Norte adaptadas, do mesmo xeito, á delimitación oficial ou as obras de acondicionamento de diversos treitos do Camiño Primitivo.

Por outra parte, Sanchez Bargiela resaltou outras importantes iniciativas como o traslado do Centro de Interpretación do Camiño Norte en Mondoñedo, a posta en marcha de programas de cultura xacobea como Cultura no Camiño ou Vive o Camiño así como as accións de formación e promoción en torno ás Rutas Xacobeas.

Mesas sectoriais

Unha vez configurada a Mesa Provincial, tivo lugar o acto de constitución das mesas sectoriais dos Camiños de Santiago. Deste xeito, desenvolvéronse tres mesas de traballo: unha institucional, unha formada polas Asociacións xacobeas e, por último, unha mesa técnica.
 

 
Arriba
Axúdanos a mellorar!