04 set 2017

Turismo de Galicia presentou a oferta gastronómica galega na ‘Festa do gusto’ de Ámsterdam (Holanda)

 Responsables do departamento de Turismo da Xunta tamén mantiveron unha reunión cos principais axentes de viaxes desta cidade holandesa e a súa contorna

A cifra de viaxeiros holandeses aloxados na Comunidade galega o pasado mes de xullo medrou un 29% en relación ao mesmo período do ano anterior

Ao longo dos primeiros oito meses do ano, 2.543 peregrinos de Holanda recibiron a Compostela

 Ámsterdam foi a pasada fin de semana a referencia da promoción turística internacional de Galicia coa participación do departamento de Turismo da Xunta nas distintas actividades relacionadas coa ‘Festa do gusto’, un dos acontecementos relacionados coa gastronomía máis importantes do calendario festivo da cidade holandesa.

Nesta ocasión, Turismo de Galicia instalou un recinto de promoción da gastronomía galega na contorna da Java Plein, no que se ofreceron 400 degustacións entre os asistentes, que como agasallo puideron levar a placa de xisto na que se servironn as racións.

Ademais, o espazo galego tamén contou cun set de información turística para atender a demanda de consultas que hizo el público visitante, tanto sobre a cociña e os produtos gastronómicos galegos como do destino en xeral.

Por outra banda, responsables do departamento de Turismo da Xunta participaron  nun taller de traballo con axentes de viaxes holandeses seguido dunha cea institucional na que tamén tivo presenza Galicia, cunha variada oferta de licores na sobremesa.

Demanda turística

Canto á demanda turística dos Países Baixos en Galicia, a cifra de viaxeiros aloxados subiu en xullo un 29% e o volume de pernoitas un 45% en relación ao mesmo mes de 2016.

Así, con preto de 5.300 viaxeiros e máis de 9.300 noites, o mercado dos Países Baixos ocupou o 3,4% do total internacional.

Polo que respecta aos sete primeiros meses do ano, a cifra de viaxeiros aloxados medrou un 12,3% e o nivel de pernoitas un 19,9%.

 

No ámbito do Camiño de Santiago, cabe destacar que no que vai de ano xa foron 2.543 peregrinos holandeses os que recibiron a Compostela.

Arriba
Axúdanos a mellorar!