Nava Castro imparte unha masterclass na Escola Universitaria de Turismo CENP ante futuros profesionais do sector
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, impartiu unha masterclass para os alumnos de 4º curso do dobre grao de Ciencias Empresariais e Turismo da Escola Universitaria de Turismo CENP da Coruña na que compartiu con eles as oportunidades que o turismo abre na Comunidade. Detívose nas claves da gobernanza turística e recordou a importancia de aproveitar as sinerxías creadas entre os diferentes órganos e entidades con competencias nestes.