08 out 2019

Galicia pecha o verán acadando a maior cifra de ingresos do sector hoteleiro da súa historia alcanzando os 98M€

 Feijóo explica que 1,5 millóns de persoas visitaron este verán a Comunidade, rexistrándose 4 millóns de pernoitas, a segunda cifra máis elevada da serie histórica

Sinala que a mellora non só e cuantitativa, senón tamén cualitativa e que todas as tipoloxías de turismo experimentaron un crecemento positivo
 
 
Os ingresos hoteleiros medran en Galicia.

 O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, deu conta na rolda de prensa do Consello do bo comportamento do turismo na Comunidade despois de analizar un informe que ratifica que Galicia pechou o verán acadando a maior cifra de ingresos do sector hoteleiro da súa historia, alcanzando os 98M€.

Logo de recordar que esta cifra supón un 5% máis que o ano pasado e un 47% máis se o comparamos cos ingresos rexistrados por este tipo de establecementos hai seis anos, Feijóo destacou que 1,5 millóns de persoas visitaron este verán a Comunidade.

Así mesmo, o presidente do Goberno galego informou do incremento da demanda turística nun 5% ao rexistrarse preto de 4 millóns de pernoitas, a segunda cifra máis elevada da serie histórica. “Este dato sitúa á nosa Comunidade como a segunda na que máis medrou a demanda hoteleira nos meses de xullo e agosto”, abundou.

Durante a rolda de prensa o presidente da Xunta tamén fixo fincapé en que segundo os datos dos que se dispón a mellora non só é cuantitativa, senón que tamén se experimentou unha mellora por riba da media estatal dos indicadores asociados á calidade. Como por exemplo: a rendibilidade dos establecementos hoteleiros, a ocupación, ou a estadía media. Nesta liña, sinalou que Galicia ten capacidade de atracción turística con independencia da climatoloxía.

Cómpre subliñar en relación á procedencia dos visitantes que o tanto o turismo nacional como o internacional medraron nun 5,1% e 4,3% respectivamente. Trátase, no caso do turismo estranxeiro da segunda cifra máis elevada da serie histórica grazas a crecente proxección exterior, xa representa o 19% da demanda da Comunidade.

O informe reflicte tamén, dixo, un comportamento positivo de todas as tipoloxías de aloxamento, tanto na demanda de hoteis (+4,8%), pensións (+5,7), apartamentos turísticos (+14), cámpings (+2,5%) e turismo rural (+4%).

Para finalizar, explicou que por provincias, Pontevedra liderou a demanda con 1,4 millóns de pernoitas, seguida pola Coruña con 1,1 millóns, Lugo con 412.415 e Ourense con 185.712. Sendo Lugo a que máis creceu, o que evidencia a aposta da Xunta pola desestacionalización e diversificación do turismo. Por outra banda, os principais destinos urbanos foron por esta orde: Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Lugo, Pontevedra, Ourense e Ferrol.

 

 

Arriba
Axúdanos a mellorar!