29 nov 2019

Nava Castro recibe aos xornalistas da revista da aeroliña Tap que visitan Santiago pola futura conexión con Lisboa

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu hoxe en Santiago de Compostela a parte do equipo de redacción da revista UP, da aeroliña portuguesa TAP, nunha viaxe que están a realizar esta semana na cidade. Organizada pola OET de Lisboa, esta iniciativa enmárcase na apertura da ruta Santiago de Compostela-Lisboa coa intención de que a cidade protagonice algún dos vindeiros números desta publicación que se distribúe nos avións da compañía.

Os xornalistas están a coñecer estes días gran parte dos recursos de Santiago de Compostela como a Catedral, visitando o Pórtico da Gloria, San Martin Pinario, o Mercado de Abastos ou o Parador do Hostal dos Reis Católicos. Portugal é o principal mercado estranxeiro para Galicia, que está a medrar a un ritmo anual do 7%.

 

Arriba
Axúdanos a mellorar!