25 xan 2021

Alfonso Rueda destaca que o grao dual de innovación gastronómica e xestión hoteleira será un paso adiante para seguir desenvolvendo un sector turístico galego mais competitivo

 O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda e o reitor da USC, Antonio López Díaz, asinaron o convenio polo que o Grao poderá comezar a estudarse no curso 2022-2023

Alfonso Rueda sinalou que combinará a gran experiencia do Centro Superior de Hostalería de Galicia coas novas oportunidades que se abren ao ser un grao oficial da Universidade de Santiago de Compostela

 
O vicepresidente 1º da Xunta e o reitor da USC na sinatura do acordo sobre o CSHG.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, indicou que o grao dual de innovación gastronómica e xestión hoteleira, que se porá en marcha en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, será un paso adiante para seguir desenvolvendo un sector turístico galego máis competitivo. A previsión é que poderá comezar a estudarse no curso 2022-2023,

Alfonso Rueda asinou co reitor da USC, Antonio López Díaz, o convenio entre a Xunta de Galicia e a USC para a adscrición do Centro Superior de Hostalería de Galicia á Universidade de Santiago de Compostela, onde indicou que un sector turístico de calidade require profesionais ben formados e grazas a esta nova titulación permitiranos mellorar a competitividade do sector.

O titular da Vicepresidencia primeira resaltou que a aposta pola calidade turística permite a Galicia impulsar un factor de diferenciación como destino turístico, un elemento fundamental nun mercado global e competitivo, onde a gastronomía é un dos grandes atractivos da nosa comunidade polo que a implantación deste grao de Gastronomía permitirá avanzar tamén no posicionamento galego como destino de turismo enogastronómico.

 

A posta en marcha cobra aínda mais importancia neste ano, co Xacobeo como gran escaparate de Galicia para o mundo, cunha oportunidade histórica para axudar a reactivar o sector turístico e a economía galega.

Dende a posta en marcha deste Centro no ano 1994, sairon grandes profesionais, recoñecidos a nivel mundial e incluso algún conta con Estrelas Michelín. A apertura deste Centro de Hostelería redefiniu o sector en Galicia. O CSHG conta cunha proxección internacional indudable de onde saíron case 2.500 profesionales que hoxe traballan en establecementos de toda Galicia e de toda España pero también en moitos países do mundo.Todo ese esforzo materializouse no concepto Galicia Calidade, un concepto ben coñecido que engloba todas as experiencias que ofrece a nosa comunidade.

 

Arriba