14 xuñ 2022

A Xunta presenta ‘Xacobeas en concerto’ que contará coa presenza de artistas femininas o vindeiro 15 de xullo en Marín

 A directora de Turismo, Nava Castro, participou  xunto á alcaldesa de Marín, María Ramallo e a artista Carolina Rubirosa, na presentación do cartel de concerto

 
“Xacobeas en concerto” contará con referentes da música galega, nacional e internacional, con nomes como Mel C, Ana Mena, Tanxugueiras, Ana Guerra ou Mala Rodríguez
 
Presentación de Xacobeas.

 A directora de Turismo, Nava Castro, participou  xunto á alcaldesa de Marín, María Ramallo e a artista Carolina Rubirosa, na presentación do cartel de concerto “Xacobeas en Concerto”, que terá lugar o día 15 de xullo en Marín.

Durante a presentación, a directora de Turismo de Galicia fixo fincapé na necesidade deste tipo de iniciativas. “Este concerto, inmerso dentro do ciclo Concertos do Xacobeo, permítenos reunir a grandes voces femininas da música galega, nacional e internacional neste concello, facendo unha festa espectacular e apostando pola celebración dun evento musical onde a voz feminina é a gran protagonista”.

Neste senso, Nava Castro indicou que os concertos incluídos no Ciclo Xacobeo son xa un sinal de identidade da celebración do Ano Santo e o puntal da recuperación do sector cultural e turístico. “Tras os anos duros da pandemia, estamos a ver a luz ao final do túnel, con celebracións moito máis grandes, como a que estamos a presentar e que encumbran a grandeza deste Ano Santo e amosamos como sociedade alegre, acolledora e por suposto, festiva2.

Este evento volverá situar a Galicia como referente musical internacional e será un dos maiores atractivos culturais este verán. “Xacobeas en concerto” contará con referentes da música galega, nacional e internacional, con nomes como Mel C, Ana Mena, Tanxugueiras, Ana Guerra ou a Mala Rodríguez.

 

Arriba
Axúdanos a mellorar!