21 xuñ 2022

Turismo de Galicia pon en valor a celebración de cursos de idiomas que acheguen aos turistas á nosa comunidade

 A directora de Turismo de Galicia participou  na clausura do curso internacional de “Español y Camino” ante alumnos da Universidade de An Arbor de Michigan

 
Galicia acolle cada ano a alumnos de todo o mundo que aprenden español na nosa comunidade e se converten nos mellores embaixadores da nosa cultura
 
Clausura do curso internacional.

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou  na clausura do Cursos InternacionaL de “Español y Camino”, levado a cabo pola Universidade de Santiago de Compostela.

Na súa intervención, Castro destacou a importancia do turismo de idiomas no noso territorio así como o valor dos estudantes que acoden ao nosa comunidade como os grandes embaixadores da nosa cultura.

Así, destacou a directora de Turismo que gracias a este tipo de iniciativas, “iníciase un intercambio cultural que fai que Galicia se eleve como unha terra multicultural”.

Os cursos Internacionais da Universidade de Santiago contan cunha longa e acreditada traxectoria, con máis de 70 anos de experiencia na organización de cursos de español.

Estes cursos celébranse ao longo de todo o ano e van dirixidos a todas aquelas persoas que queiran aprender ou perfeccionar o idioma ademais de coñecer e achegarse á nosa cultura.

 

 

Arriba
Axúdanos a mellorar!