Turismo de Galicia presenta o ciclo Mar Aberto. Concertos na fin da terra que terán lugar no Arsenal Militar de Ferrol e nos Faros Silleiro, Punta da Barca e de Corrubedo no mes de xullo
Contarán coas actuacións de Amaro Ferreiro, Julieta Venegas, Alice Wonder, Ses, Catuxa Salom, Fillas de Cassandra, Cora Velasco e Blanca Paloma, entre outros
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou xunto a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Francisco Barea e o director do centro de Institucións de CaixaBank, Rubén Riaño, o novo ciclo de concertos “Mar aberto, concertos na fin da terra”.
Segundo explicou Nava Castro, este ciclo de concertos Festival Mar Aberto - Festival Mar Aberto, que conta coa colaboración da productora Jarabe, é unha continuación dos Concertos na Fin do Mundo, concibidos como unha experiencia musical e turística diferente no marco da celebración do Xacobeo 21-22. Para esta edición contase con catro localizacións diferentes que teñen como referente próximo un faro da costa galega ou espazo de beleza singular. “Son concertos de formato intimista en contornas singulares, o que os converte en eventos moi especiais, únicos”, indicou a directora de Turismo de Galicia.
Co obxectivo de facer un ciclo de concertos en espazos singulares e coa sostibilidade como elemento transversal, vanse celebrar catro concertos no mes de xullo. O primeiro deles terá lugar no Arsenal Militar de Ferrol, os vindeiros 7 e 8 de xullo coa actuación de Amaro Ferreiro, Julieta Venegas, Eva B e Alice Wonder, entre outros. A fin de semana seguinte, os 14 e 15 de xullo terán lugar no Faro Cabo Silleiro (Baiona), onde actuarán Ses, Monopolius Dop Lynn Milanés e Catuxa Salom.
Os días 21 e 22 de xullo no Faro Punta da Barca (Muxía) actuarán Fillas de Cassandra, Freedonia, Cora Velasco e Mísia. E finalmente, o derradeiro fin de semana de xullo, os días 28 e 29 de xullo actuarán no Faro de Corrubedo (Ribeira), Blanca Paloma, The Gift, Sheila Patricia e Allova. Estes son algúns dos artistas que participarán nestas noites máxicas, xunto a DJs como DJ Russinha, Señora DJ e Rapariga DJ, que actuarán ao longo das 4 fins de semana. As entradas son de balde, e pódense facer as reservas en www.woutick.es.