18 abr 2024

O xerente de Turismo de Galicia salienta a aposta de futuro que supón o turismo para os empresarios do sector

El gerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas acompañado de Alberto Rodriguez, CEO de Alda Hotels y el alcalde de Cabanas, Fernando Couce

O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, participou na inauguración oficial do aloxamento Alda Cabanas Playa, no concello coruñés de Cabanas, onde salientou “a aposta de futuro” que supón o turismo para os empresarios do sector en Galicia. Neste sentido, agradeceu en nome da Xunta de Galicia a aposta da empresa por renovar e ampliar a planta hoteleira galega con aperturas como a realizada hoxe en Cabanas, onde melloraron as instalacións deste establecemento.

 
Recordou, ademais, que se trata dun compromiso compartido coa Administración autonómica que, desde hai anos, ofrece ferramentas para contar cunha infraestructura turística “moderna e de calidade” que permita aos visitantes “gozar do destino ao tempo que dispor de todos os servizos”. Neste sentido, referiuse ás distintas liñas de axuda xa consolidadas para axudar ao sector a mellorar a accesibilidade dos seus establecementos, contribuir á súa modernización e melloras de servizos ou que aplique medidas de aforro enerxético.  
 
Arriba