20 mai 2016

Turismo de Galicia anuncia a licitación para a contratación da obra do proxecto básico e de execución das piscinas na lagoa do Monte do Gozo

20/may/2016 - 15/jun/2016

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2016 pola que se anuncia a licitación para a contratación, non suxeita a regulación harmonizada, da obra do proxecto básico e de execución das piscinas na lagoa do Monte do Gozo, tramitado por procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: obra.

Descrición do obxecto: construción dunha piscina exterior na lagoa do Monte do Gozo.

Prazo de execución: dous meses e medio (2,5 meses).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 275.723,00 €.

IVE (21 %): 57.901,83 €.

Importe total, IVE incluído: 333.624,83 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas do servizo poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26503.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro da Axencia Turismo de Galicia, estrada Santiago-Noia km 3 (A Barcia), 15897 Santiago de Compostela, A Coruña, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia, na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación a súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo no DOG por liña é de 10,82 €.

 

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2016

Mª Nava Castro Domínguez

Directora da Axencia Turismo de Galicia

Arriba
Axúdanos a mellorar!