08 xul 2013

A campaña de turismo ‘Galicia, o bo camiño’ chegou nos primeiros 15 días a máis de sete millóns e medio de persoas a través de Facebook

A páxina de Turgalicia ten 11.435 novos fans e preto de 55 mil usuarios fixeron clic en ‘me gusta’ no vídeo do spot promocional de Turismo de Galicia
O vídeo xerou 5.519 comentarios, foi compartido 20.477 veces e rexistrou 277.414 reproducións

A campaña de turismo ‘Galicia, o bo camiño’ chegou nos primeiros 15 días a máis de sete millóns e medio de persoas a través de Facebook

A campaña de Turismo de Galicia está a xerar gran repercusión nas redes sociais e nos primeiros quince días da primeira ondada da campaña foi vista por máis de 7,5 millóns de usuarios.
A páxina de Facebook de Turgalicia conta desde o inicio da campaña promocional do destino con 11.435 novos fans. Ademais o ratio de clics chega ao 4,81% e 54.989 usuarios fixeron clic en ‘me gusta’ no vídeo promocional da campaña.

O vídeo ‘Galicia, o bo camiño’ xerou ademais neste período 5.519 comentarios e foi compartido 20.477 veces. En total rexistráronse 277.414 reproducións do spot de Turismo de Galicia e xeráronse 200 mil impresións extras grazas á viralidade.

Boa parte dos usuarios visionaron a campaña de Turismo a través dos seus dispositivos móbiles, en total xeraron 4 millóns de impresións cun CTR do 4,69% e máis de 28 mil ‘me gusta’. Un total de 4.653 persoas fixéronse ‘amigos’ da páxina de Facebook de Turgalicia a través do seu teléfono móbil e realizaron preto de setecentos comentarios no vídeo. Do mesmo xeito o spot foi compartido a través do móbil 8.537 veces e reproduciuse nos servidores de Facebook máis de 151 mil veces.
Os usuarios que accederon á campaña a través do seu ordenador alcanzaron os 3.327.667 e a ratio de clickeo chega ao 2%. Deles, 13.760 pulsaron ‘me gusta’ no vídeo realizaron 1.264 comentarios. A través do ordenador o spot de Turismo de Galicia foi compartido 6.871 veces e xerou 6.000 novos ‘amigos’ na páxina de Facebook de Turgalicia.
O spot promocional de Turismo de Galicia en galego xerou 428 mil impresións cunha ratio de clics do 4,6%. Un total de 3.110 usuarios fixeron clic en ‘me gusta’ no vídeo e rexistráronse nel 383 comentarios. O spot en galego foi compartido 2.907 veces e reproducido 11.822 veces.

Arriba