14 out 2013
Xornada técnica sobre Calidade turística: "O valor real da opinión do cliente"
DATAS:
16 de outubro de 2013
HORARIOS:
De 09:00 a 14:00 horas
DESTINATARIOS:
Empresas do sector turístico. Darase preferencia ás empresas, do sector turístico de Galicia, que estean certificadas coa Q de Calidade Turística.
PRESENTACIÓN:
Nun mundo globalizado e tan competitivo como o actual, a diferenciación é un elemento crave para o turismo e, en especial, para as empresas turísticas.
Esta diferenciación está relacionada co cliente e a experiencia que este consiga ao escoller o noso establecemento e o que lle fagamos sentir durante a súa estancia.
Coñecer que opinan de nós os nosos clientes e poder enfocar o noso negocio a cubrir as súas necesidades e algo máis vólvese, neste momento, necesario e imprescindible si queremos ter éxito.
OBXECTIVOS
Analizaranse os sistemas que se utilizan actualmente para obter o feedback dos clientes e coñecerase o Sistema Net Promoter Score(NPS) de maneira que podamos valorar o que nos aporta a súa filosofía, o seu enfoque e a súa xestión ao noso negocio; sabendo que é utilizado polas mellores empresas do mundo.
Así como coñecer de forma real non só o que din os nosos clientes senón, que posición ocupamos no mercado, e o fácil e sinxelo que é xestionar esta información con Opinat.
Retos e oportunidades que xorden na conxuntura actual para o Turismo, desde a convicción de que o equilibrio é un elemento crave para manterse e superarse no contexto actual.
Programa
09:00h Rexistro de asistentes
09:150h Benvenida e presentacións
Representante de Turgalicia
Dª. Rocío Alcobre, CEO en SIresponsable - Directora e Consultora Zona Norte Opinat
9:30h O poder dun só número: Sistema NPS
D. José María Raventós Cardús, Managing Director de Opinat
10:15h Coloquio
10:30h A experiencia do cliente e a súa importancia no sector turístico
Dª. Rocío Alcobre
11:15h Coloquio
11:305h Pausa/Café
12:00h Navegando pola Ferramenta Opinat: a xestión dos detractores ao seu alcance
D. José María Raventós Cardús
Dª. Rocío Alcobre
12:45h Tertuliando cos nosos clientes. Casos de éxito no turismo nacional e galego.
13:30h Coloquio
14:00h Fin da Xornada