12 out 2013

Nava Castro asistiu hoxe no marco da festa do marisco do Grove ao concurso de pratos condimentados de mexillón Amegrove

A directora de Turismo de Galicia asistiu á entrega dos pratos que se presentan ao concurso que premia os pratos presentados en dúas categorías, gusto e presentación. A Festa do Marisco do Grove celebra este ano a súa edición número 50, a primeira na que conta co distintivo de Festas de Interese Turístico Nacional.

Nava Castro asistiu hoxe no marco da festa do marisco do Grove ao concurso de pratos condimentados de mexillón Amegrove

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez asistiu hoxe no marco da 50 edición da Festa do Marisco do Grove ao concurso de pratos condimentados elaborados con mexillón que organiza Amegrove e que se celebrou hoxe na carpa institucional do recinto feiral da cita gastronómica.

Nava Castro asistiu hoxe no marco da festa do marisco do Grove ao concurso de pratos condimentados de mexillón Amegrove

A festa do Marisco do Grove celebra as súas vodas de ouro e nesta edición estrea declaración como Festa de Interese Turístico Nacional. A Festa do Marisco non só inclúe a degustación dos froitos do mar que se venden nos seus stands a prezos populares, senón tamén concursos gastronómicos con mariscos como protagonistas, actividades complementarias, actuacións musicais, torneos e eventos deportivos, así como eventos didácticos, seminarios e conferencias.

Concurso e premios
Os participantes no concurso deberán presentar pratos preparados antes das 18.30 horas de hoxe na carpa institucional da Festa do Marisco e teñen que ter como base principal o mexillón. Os concursantes aportarán co prato un sobre branco co nome no interior e mais coa receita explicativa da condimentación detallando cantidades e racións.

O nome dos gañadores publicarase ás dez da noite no Facebook de Amegrove e mais na súa páxina web e a entrega de premios celebrarase mañá ás 12.00 horas.

O Concurso de Pratos condimentados de Mexillón Amegrove está dotado con 3.000 euros en premios. Tres serán outorgados na categoría de gusto, con mil euros para o primeiro, 500 para o segundo e 250 para o terceiro. Outros tres, na categoría de presentación, con 700 para o primeiro, 400 para o segundo e 200 para o terceiro. Cada participante só poderá presentar un prato.

Arriba