Turismo de Galicia participa no VI Forum dos Itinerarios Culturais Europeos do Consello Europa
A presenza de Turismo de Galicia estivo representada polo director de Competitividade que participou na inauguración do foto e na mesa redonda “Rutas culturais e organizacións internacionais”
Turismo de Galicia participa nestes días no VI Forum dos Itinerarios Culturais Europeos do Consello Europa que acolle a cidade de Vilnius. capital de Lituania.
A súa presenza está representada polo director de Competitividade, José Luis Maestro, quen participou na inauguración do foro e na mesa redonda “Rutas culturais e organizacións internacionais”.
Na súa intervención durante a inauguración do encontro, José Luis Maestro expuxo, como representante de NECSTOUR e en calidade de membro do seu Comité Executivo, a aposta de Galicia polo turismo cultural a través dos itinerarios culturais do Consello de Europa para os cales o Camiño de Santiago constitúe un exemplo de boa práctica e caso de éxito.
Neste senso, o director de Competitividade destacou a firme aposta de Turismo de Galicia polo turismo sostible e a competitividade do sector a cal queda reflectida na súa participación en NECSTOUR.
Segundo sinalou, estes dous compromisos están a abrir as portas a Galicia de distintas institucións e organizacións de cada vez máis se mostran interesados na nosa comunidade como referente.
Por outra parte, José Luis Maestro, participou no mesa redonda “Rutas culturais e organizacións internacionais” onde explicou cómo traballa NECSTOUR e abordou a importancia do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.
Rede NECSTOUR
A rede NECSTOUR naceu en 2007 para traballar por un turismo sostible e competitivo, e así lograr o obxectivo de converter a Europa como o destino mais atractivo a nivel mundial.
Para elo desenvolve unha axenda de traballo na que se inclúe o intercambio de boas prácticas, a celebración de xornadas técnicas de formación, a interlocución cos principais actores das institucións europeas así como proxectos de traballo conxuntos entre diversas rexións europeas.