14 nov 2016

O xerente do Xacobeo expón os retos do Plan Director do Camiño nunha xornada sobre o patrimonio das rutas de peregrinación

Rafael Sánchez realizou un relatorio na xornada técnica sobre ‘Patrimonio material e inmaterial nos camiños de peregrinación’ no marco da Xª edición da Bienal Internacional da Restauración e Xestión do Patrimonio AR&PA 2016

 

A xornada abordou a extraordinaria vitalidade que as rutas de peregrinación están a manifestar neste inicio do século XXI facendo especial fincapé no auxe do Camiño Francés a Santiago

O xerente do Xacobeo participou cun relatorio sobre a xestión do Camiño de Santiago centrada no Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago

O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, realizou un relatorio na xornada técnica sobre ‘Patrimonio material e inmaterial nos camiños de peregrinación’ no marco da Xª edición da Bienal Internacional da Restauración e Xestión do Patrimonio AR&PA 2016, que se celebrou en Valladolid.

A xornada abordou a extraordinaria vitalidade que as rutas de peregrinación están a manifestar neste inicio do século XXI facendo especial fincapé no auxe do Camiño Francés a Santiago, ruta principal dos itinerarios xacobeos.

Así mesmo, durante o encontro reflexionouse sobre a recente ampliación aos Camiños do Norte da declaración como Patrimonio Mundial pola UNESCO e a celebración do Ano Xubilar Lebaniego en 2017.

Así, a xornada convidou a unha reflexión sobre este complexo fenómeno desde as perspectivas material e inmaterial do seu carácter patrimonial aportando diferentes visións desde a xestión e ordenación territorial, tanto no ámbito municipal e provincial, como no autonómico e estatal, ata o papel das Asociacións de Amigos do Camiño como protagonistas no seu moderno rexurdir, garantes do benestar do peregrino e custodios dos valores da peregrinación.

O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, participou cun relatorio sobre a xestión do Camiño de Santiago centrada no Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago

Durante a súa intervención, expuxo as numerosas iniciativas que contempla esta folla de ruta destacando a aposta pola mellora e ampliación da Rede Pública de Albergues, o plan de sinalización así como a implantación do Smart Camiño, entre outras.

Arriba