‘Vive o Camiño’ chega ao Camiño primitivo para enriquecer a experiencia dos peregrinos
O programa cultural percorrerá no mes de agosto un total de sete concellos da provincia da Coruña e Lugo
Constitúe unha das iniciativas impulsadas por Turismo de Galicia no marco do Plan director do Camiño de Santiago que dedica este ano ás rutas xacobeas do norte
Vive o Camiño compleméntase coa cuarta edición de Cultura no Camiño, tamén en marcha, que inclúe preto de 100 espectáculos e un total de 369 funcións escénicas e concertos
O programa cultural Vive o Camiño chega á Ruta Primitiva onde percorrerá un total de sete concellos da provincia da Coruña y Lugo.
Concretamente este programa cultural deleitou xa cehgou os peregrinos e veciños de Toques, Lugo, A Fonsagrada e Castroverde. Hoxe, mañá e o día 12 estará en Friol, Baleira e Guntín.
A programación inclúe o contacontos de Raquel Queizós A maleta da avoa, o concerto de Magín Blanco e a Banda das apertas, a actuación do actor e titiriteiro Inacio Vilariño, o concerto de Mama Cabra, a innovadora proposta de teatro de Babaluve e o espectáculo rítmico de A tropa de trapo, entre outras actuacións, así como espazos de xogo libre para os máis pequenos.
Durante o pasado mes de xullo, este programa cultural percorreu outros doce concellos do Camiño do Norte, a outra Ruta Xacobea á que Turismo de Galicia dedica este ano a súa actividade promocional no marco do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 tras a súa declaración como Patrimonio Mundial pola UNESCO o pasado ano.
Desde o dito recoñecemento a Ruta Primitiva e do Norte experimentaron un forte incremento de na súa cifra de peregrinos acollendo no que vai de ano un total de 6.031 e 8.647 peregrinos respectivamente converténdose nas rutas máis transitadas tras o Camiño Francés e a vertente portuguesa.
O programa constitúe unha iniciativa máis da Xunta de Galicia a prol do enriquecemento da experiencia do Camiño, tanto para os peregrinos como para os veciños e veciñas dos municipios polos que atravesan as rutas xacobeas.
Así mesmo, Vive o Camiño compleméntase coa cuarta edición de Cultura no Camiño, tamén en marcha, que inclúe preto de 100 espectáculos e un total de 369 funcións escénicas e concertos que están a contribuír á dinamización cultural das localidades polas que discorren as diferentes rutas xacobeas na nosa Comunidade.