03 xuñ 2019

Román Rodríguez participa na celebración do décimo aniversario do coñecido como ‘mellor banco do mundo’ en Loiba

Román Rodríguez, en Loiba.

 O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, visitou  a costa de Loiba, en Ortigueira, convidado a participar na conmemoración do décimo aniversario do coñecido popularmente como o mellor banco do mundo. Trátase do banco que colocou Rafael Prieto Fernández en 2009 e desde o que se pode contemplar unha impresionante vista da costa situada entre Estaca de Bares e Cabo Ortegal.

Para conmemorar a súa primeira década de vida celebrouse unha misa na honra da Virxe do Carme e unha ofrenda floral en homenaxe aos mariñeiros e mariscadores falecidos no mar.

 

Arriba