14 feb 2022

Xunta e Concello de Santiago avanzan na coordinación e a colaboración neste Xacobeo

 O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, reuniuse co concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e a xefa de Protección Civil, Begoña del Río

Santiago Villanueva indicou que está coordinación e colaboración co concello de Santiago é fundamental xa que é a cidade referente da chegada de peregrinos e todo indica que vai ser un ano no que se acade un elevado número
 
Reunión de coordinación sobre seguridade, en Santiago.

 O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, reuniuse co concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e a xefa de Protección Civil, Begoña del Río do concello de Santiago para ir coordinando a colaboración entre Xunta e concello neste Xacobeo.

Santiago Villanueva indicou que está coordinación e colaboración co concello de Santiago é fundamental xa que é a cidade referente da chegada de peregrinos e todo indica que vai ser un ano no que se acade un elevado número de visitantes, de aí a importancia de coordinar os dispositivos, tanto de seguridade como de control en grandes eventos, e poñer a disposición dos voluntarios de Protección o material necesario.

O director xeral de Emerxencias e Interior destacou que as agrupacións de voluntarios de Protección Civil actúan como un dos piares fundamentais no eido das emerxencias, en tanto que complementan e reforzan aos servizos de emerxencias e contribúen co seu traballo desinteresado e altruísta a ofrecer a mellor resposta posible para garantir a seguridade dos cidadáns.

 
Arriba