30 mar 2026

Turismo de Galicia apoia a declaración da Romaría da Saínza como festa de interese turístico nacional

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo unha reunión coa alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade, na que esta lle trasladou todos os traballos que ten realizado o goberno local para solicitar a declaración da Romaría da Saínza coma festa de interese turístico nacional.

O director de Turismo de Galicia salientou a importancia deste recoñecemento para a promoción turística da comarca da Limia, en Ourense, e de Galicia, en xeral e manifestou o seu apoio á tramitación do expediente axilizando o informe autonómico previo á presentación de toda a documentación ante o Goberno central.

Arriba