30 mar 2026

Turismo de Galicia impulsa o enoturismo en Valdeorras co apoio á Feira do Viño é ás actividades da ruta dos viños

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo unha reunión co presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe e da Ruta do Viño Valdeorras, Marcos Prada. Durante o encontro fixeron balance da última Feira do Viño de Valdeorras que contou co apoio da Xunta, e avanzaron sobre a edición desta cita en 2026, a finais do mes de maio.

O director de Turismo analizou a proposta presentada desde este órgano que inclúe actividades de maridaxe dos viños desta DO con propostas gastronómicas elaboradas sobre os produtos locais, entre outras, e que contribúen a incrementar a oferta complementaria e poñen en valor o enoturismo de Valdeorras. Xosé Merelles e Marcos Prada tamén repasaron outras accións como a Ruta do Viño dentro da Primavera de Portas Abertas, impulsada por Turismo de Galicia, así como o Festival ‘Entre Covas’, as rutas cicloturísticas pola comarca e o programa ‘Percorre Valdeorras, experiencia enoturística e cultural’.

Arriba