01 ago 2026

A Xunta impulsa desde Muíños a promoción da Baixa Limia como destino de experiencias auténticas

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiron á 36ª edición da Festa das Sopas de Burro Canso, que se celebra en Mugueimes, no concello de Muíños, que desde 2022 conta coa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia. A festa forma parte do principal programa festivo do verán de Muíños, xunto coa Festa do Galo Pica no Chan e a Festa do Becerro do Xurés ao Espeto, consolidando a comarca da Baixa Limia como un destino de referencia para quen busca experiencias auténticas vinculadas ao territorio.

A celebración destas citas poñen en valor o produto local, a recuperación da cociña tradicional e a conservación do patrimonio inmaterial como elementos diferenciais da oferta turística galega. Ademais, reforzan a imaxe de Muíños como porta de entrada ao Parque Natural Baixa Limia–Serra do Xurés.

Arriba