11 ago 2014

Alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia realizan prácticas en hoteis e restaurantes de 22 países

Os restaurantes con Estrella Michelín, as compañías hoteleiras internacionais e os hoteis independentes son as tipoloxías máis demandadas polos 352 alumnos que este ano realizan as prácticas do seu período formativo.

Un de cada catro alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia realiza prácticas no estranxeiro.

Un total de 352 alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia, dependente de Turismo de Galicia, realizan prácticas en 22 países de todo o mundo. Alemaña, Bélxica, Brasil, Cabo Verde, Canadá, Costa Rica, Estados Unidos, Francia, Holanda, Italia, Luxemburgo, México, Mónaco, Panamá, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Dominicana, Túnez, Bulgaria, Malaisia e España son os países que acollen aos alumnos para complementar esta parte do seu período formativo.

Os restaurantes con Estrella Michelín, as compañías hoteleiras internacionais e os hoteis independentes son as empresas máis demandadas polos alumnos. Un de cada catro está de prácticas no estranxeiro e o resto distribúense entre as seguintes comunidades españolas: Baleares, Canarias, Cataluña, Andalucía, Galicia, Valencia, Madrid, País Vasco, Asturias, Extremadura, Cantabria e Navarra.

O alumnos de dirección hoteleira están en hoteis pertencentes a 41 compañías hoteleiras: Meliá International, Riu, Iberostar, Hyatt, Palladium, Accor, Barceló, H10, Catalonia, Kempinski, Ritz-Carlton, Vincci, NH, AC Hoteles, Hilton, Waldorf Astoria, Best Western, Intercontinental, Sheraton, Sercotel, Marriott, Confortel, Paradores, Hospes, Westin, AR, Eurostars, Mandarín, W, Mercure, Belmond, Hoteles Santos, Galo Resorts Hotels, PH Hotels, Crowne Plaza, Vienna International Hotels & Resorts, Expo Hotels & Resorts, Derby Hotels Collection, Martin´s Hotels, Hipotels, Jumeirah e Prefered Hotel Group.

O CSHG tamén mantén convenios de colaboración con hoteis independentes: Hotel Palace (Westin), A Quinta da Auga (Relais & Chateux), Langdon Hall County Hotel (Relais & Chateux), Gran Hotel Bahía del Duque (Leading Hotels of the World), Hotel Botánico (Leading Hotels of the World), Hotel Puente Romano, Hotel Los Monteros, Gran Hotel Princesa Sofía, Mare Nostrum Resort, Hotel Brussels, Hotel Cap Rocat e Finca Cortesín.

A duración das prácticas depende do programa académico no que estean matriculados os estudantes, podendo variar entre 9 e 28 semanas. En todo caso, é unha característica principal do CSHG que todos os alumnos realicen prácticas desde o primeiro ano ata o último de cada unha das titulacións

Prácticas en cociñas con Estrella Michelin
O Centro Superior de Hostelería de Galicia colabora habitualmente cos restaurantes máis prestixiosos de España para a realización de prácticas, 16 deles con Estrella Michelin. Entre outros, colabora con: Zuberoa, Azurmendi, Cenador de Amós, Real Balneario de Salinas, Arbidel, Maruja Limón, Casa Solla, Pepe Vieira, Culler de Pau, Árbore da Veira, Retiro da Costiña, Miramar, Atrio, Es Molí D´en Bou, Jardín e Skina.

A nivel internacional, colabora tamén cos restaurantes Hispania e Ibérica London, en Londres e en Nova York, con Sevilla Restaurant & Bar.

En España, outros prestixiosos restaurantes tamén contan con alumnos en prácticas do CSHG como son o Sha Wellness Clinic (Alicante), Acio (Cáceres), Abastos 2.0, Casa Marcelo (Santiago de Compostela), Enoteca Bagos (Pontevedra), España (Lugo), Dani García (Marbella), El Ventorrillo del Chato e mais o Faro de El Puerto (Cádiz).

 

Arriba
Axúdanos a mellorar!