18 xan 2021

Nava Castro reúnese con representantes da asociación Discamino

Reunión con Discamino, en Vigo.

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, nun encontro con representantes de Discamino co obxectivo de estudar posibles vías de colaboración. Á reunión asistiron Javier Pitillas, cofundador de Discamino, e Javier Fernández e Mónica Mera, protagonistas dun documental producido polos responsables deste proxecto que une discapacidade e o Camiño de Santiago.

 

 

 

Arriba
Axúdanos a mellorar!