27 out 2022

Novo mapa de Xeodestinos de Galicia que amplía ata 26 as áreas xeográficas diferenciadas

 A comunidade contará con 12 novos xeodestinos

Trátase de espazos cunha homoxeneidade territorial que, xunto cos seus recursos turísticos, conforman unha identidade turística singular e diferenciada

 
Novo mapa dos Xeodestinos de Galicia.

 O Consello da Xunta aprobou o novo mapa galego de xeodestinos turísticos de Galicia, elaborado por parte de Turismo de Galicia en colaboración cos concellos, ao que se suman 12 novos xeodestinos ata acadar 26 áreas xeográficas diferenciadas.

A través deste documento preténdese afondar na posta en valor dos xeodestinos como polos de desenvolvemento turístico no eido local e como axentes coordinadores e executores dunha xestión holística de destino para todo o territorio que abranguen.

Os xeodestinos turísticos de Galicia, son áreas ou espazos xeográficos que comparten unha homoxeneidade territorial baseada nos seus recursos turísticos naturais, patrimoniais e culturais, con capacidade para xerar fluxos turísticos e que, xunto coa súa poboación, conforman unha identidade turística diferenciada e singular que están en continua evolución.

O mapa de xeodestinos que estivo vixente ata a actualidade deseñouse no ano 2011 como ferramenta de promoción turística dándolle un pulo ao turismo experiencial, especializado e de calidade que representou un salto cualitativo á hora de entender o

turismo desde o territorio, enriquecendo a singularidade e a diferenza de Galicia como multidestino.

Grazas á aprobación do novo mapa, a Comunidade contará cun total de 26 xeodestinos, 12 máis que ata o momento. Así, o mapa de xeodestinos con que contará Galicia son:

1. FERROLTERRA

Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de GarcíaRodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior.

2. AS MARIÑAS

Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado dos Monxes.

3. A COSTA DA MORTE

Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso,Vimianzo e Zas.

4.TERRAS DE SANTIAGO

Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Padrón, Rois, Santa Comba, Teo, Val do Dubra

e Vedra.

5. TERRAS DA COMARCA DE ORDES

Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

6. ULLA – TAMBRE - MANDEOArzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Toques, Touro e Vilasantar.

7. RIA DE MUROS – NOIA

Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son

8. BARBANZA – AROUSA

Boiro, Dodro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira

9. A MARIÑA LUCENSE

Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo,Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.

10. A TERRA CHA

Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade.

11. COMARCA DE LUGO – TERRAS DA ULLOA

Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade.

12. OS ANCARES – TERRAS DE BURÓN

Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Láncara, Meira, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Ribeira de Piquín e Sarria.

13. O COUREL

Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela.

14. RIBEIRA SACRA

Bóveda, Carballedo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Chantada, Esgos, Manzaneda, Monforte de Lemos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Pantón, Parada de Sil,Paradela, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, A Pobra de Trives, A Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, San Xoán de Río, O Saviñao, Sober, Taboada, A Teixeira e Xunqueira de Espadanedo

15. O RIBEIRO – O CARBALLIÑO

Amoeiro, A Arnoia, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, O Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Coles, Cortegada, O Irixo, Leiro, Maside, Melón, Piñor, Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro, San Cristovo de Cea, Toén e Vilamarín.

16. CELANOVA – TERRAS DO XURÉS

Bande, Barbadás, A Bola, Cartelle, Celanova, Entrimo, Gomesende, Lobeira, Lobios, A Merca, Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

17. ALLARIZ – MACEDA

Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía.

18. A LIMIA

Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras e Xinzo de Limia.

19. VERÍN – MONTERREI

Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín,

Viana do Bolo, Vilardevós e Vilariño de Conso.

20. TREVINCA-VALDEORRAS

O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, Rubiá, A Rúa, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.

21. O SALNÉS

Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa.

22. MAR DE SANTIAGO

Catoira, Pontecesures, Valga e Vilanova de Arousa.

23. TERRAS DE PONTEVEDRA – O MORRAZO

Barro, Bueu, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, A Lama, Marín, Moaña, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Portas e Vilaboa.

24. RÍA DE VIGO – BAIXO MIÑO

Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Soutomaior, Tomiño e Tui.

25. O CONDADO PARADANTA

Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra do Miño.

26. DEZA – TABEIRÓS

Agolada, Dozón, A Estrada, Forcarei, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 

Arriba
Axúdanos a mellorar!