O Programa Operativo componse, principalmente, de eixos prioritarios que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que se levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa.
O Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 establece os detalles que deben conter os programas operativos 2014-2020. Antes da súa entrada en vigor, a Comisión Europea debe aprobalos. O Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 aprobouse en data 12/02/2015 por Decisión da Comisión e pode consultarse na seguinte ligazón: ligazón.
A Axencia Turismo de Galicia desenvolve distintas operacións dentro do marco do obxectivo específico 6.3.2:
Obxectivo Temático | 06 - Conservar e Protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos. |
Prioridade de Inversión | 06.03 - Conservación, protección, fomento e desenvolvemento do patrimonio natural e cultural. |
Obxectivo Específico | 06.03.02 – Desenvolvemento e promoción das áreas naturais en particular as de interese turístico. |
De conformidade co anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no apartado 2.2.2,a) a Axencia Turismo de Galicia, informará ao público do apoio obtido dos Fondos FEDER no seu sitio de internet. En cumprimento do citado regulamento, pódese consultar unha relación das distintas operacións desenvolvidas por esta Axencia que son cofinanciadas con fondos europeos na sección documentos relacionados.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.