14 mai 2019

Convocatoria de axudas ás Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago 2019

A Sociedade Anónima e Xestión do Plan Xacobeo, prevé, no seu seu obxecto social as relacións coas asociacións de amigos do Camiño de Santiago. Considerase clave a colaboración a distintos niveis coas devanditas entidades, pois son historicamente o máis relevante factor de dinamización desde a sociedade civil do Camiño e das súas rutas, tanto en Galicia, como no resto de España e noutros países do mundo.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) para o que se habilita un enlace na Guía de procedementos e servizos co código CT300A
No caso de asociacións ou entidades estranxeiras (Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación) co fin de proceder a solicitude e tramites por medios electrónicos designarán un representante con firma dixital en España.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
As bases poderanse consultar na sede da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, na web www.turismo.gal/axudas-asociacions, ou no teléfono 881 996264 / 881 996265

Isaías Juan Calvo de la Uz
Director de Administración e de Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

LIGAZÓNS RELACIONADAS...

Arriba