Sinal de identidade da paisaxe galega e expresión da devoción popular, os cruceiros levántanse en encrucilladas ou preto de ermidas, igrexas e cemiterios. Castelao dicía que un cruceiro é "un perdón do ceo", pois segundo o grande escritor galego os cruceiros eríxense para facerse perdoar algún pecado. Dado que en Galicia hai uns 12.000 cruceiros, as nosas faltas deben de ser grandes... Pero tamén se di que os cruceiros protexen os viaxeiros, así que para os que andan por estas terras a protección está garantida.

O cruceiro de Melide é o máis antigo e data do século XIV. O máis famoso é o do Hío (Cangas), a carón da igrexa de Santo André. É unha xoia da arte barroca que percorre o ciclo humano desde Adán e Eva ata a Redención, co Descendemento da Cruz como escena principal. Toda unha historia do mundo representada en pedra por máis de 30 personaxes. Descubre cales son.

Arriba