Cidades

Nas cidades galegas telo todo... a un paso.

A Coruña

De día e de noite, aquí sempre hai ambiente. Esta é unha cidade para pasear e gozar...

Ferrol

Curtida en mil batallas, é unha sabia mestura de cultura, elegancia urbana e poderío militar...

Lugo

Lugo é tamén e, sobre todo, unha cidade cun espléndido pasado romano como se pode ver na Muralla que a rodea que é Patrimonio da Humanidade, nas Termas ou a Ponte Romana.

Ourense

Ourense é a cidade da auga. Oito pontes cruzan aquí o río Miño, que en tempos dos romanos era unha mina de ouro. Agora xa non hai ouro, pero si unhas augas moi valiosas: as augas termais.

Pontevedra

En Pontevedra todo está a un paso. E hai tanto que ver... Tesouros de verdade, como a colección de ourivaría en ouro do Museo de Pontevedra, única en Europa, con xoias espléndidas de máis de 4.000 anos de antigüidade.

Santiago de Compostela

Patrimonio da Humanidade desde 1985, Santiago de Compostela leva séculos atraendo visitantes e peregrinos de todo o mundo. É a cidade máis cosmopolita de Galicia pero tómao con naturalidade, por iso desde o primeiro momento sentes que formas parte dela.

Vigo

Isto é Vigo, a maior cidade de Galicia. Unha cidade moderna e emprendedora, aberta ao mundo.

Apaixónante a arquitectura, os museos, a cultura, as terrazas, a vida nocturna? As sete cidades galegas, magnificamente comunicadas entre si, danche todo o que poidas desexar.

Espléndida arquitectura en Santiago de Compostela, a capital, cun dos centros históricos mellor conservados de Europa e unha gran vida cultural; as súas rúas, repletas de turistas e estudantes namorarante. Pontevedra, coa ría lambendo as súas beiras e un casco antigo dos máis interesantes e animados de Galicia. Nos extremos norte e sur, A Coruña e Vigo, dúas cidades milenarias con praias sen igual e que actualmente son modernas e populosas urbes nas que a arquitectura de vangarda se funde sempre co mar. E no interior Ourense e Lugo, cruzadas polo gran río Miño; descubre a súa gastronomía e os seus innumerables balnearios, verdadeiros paraísos da auga. Pero aínda che queda a perla do Atlántico, Ferrol. Situada nun dos mellores portos naturais de Europa, non deixes de visitar o Arsenal e o Barrio da Magdalena.

Arriba
Axúdanos a mellorar!