Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
En que consiste?
Trátase dun programa de actividades de enoturismo desenvolvido, de maneira conxunta e simultánea, nos cinco grandes territorios vitivinícolas galegos: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras. Durante cinco fins de semana entre os meses de maio e xuño poderás facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción. Todas terán as súas portas abertas para ti durante a fin de semana da campaña*. Ao finalizar a visita ofreceranche como agasallo unha degustación dalgún dos seus viños. Tamén atoparás diferentes establecementos de restauración onde poderás escoller menús concibidos especialmente para esta ocasión, harmonizados con viños da Denominación de Orixe na que te atopes. En cada Ruta poderás realizar ademais un completo plan de actividades durante a fin de semana: autobuses do viño, catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais, paseos en barca, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co mundo do viño.
* Realizaranse tres visitas guiadas o sábado e unha o domingo, co seguinte horario de atención ao público:
• Sábado: 11:00 h, 12:30 h e 17:00 h
• Domingo: 12:00 h
Nas redes sociais de Turismo de Galicia realizaremos tres concursos por cada Ruta do Viño nos que sortearemos en total 15 premios consistentes no aloxamento da noite do sábado para dúas persoas en cuarto dobre nun dos establecementos asociados participantes máis o xantar do domingo nun restaurante socio da Ruta. Sigue as nosas redes sociais e participa!

Recoméndase confirmar as visitas ás adegas previamente por teléfono

Programa especial de Actividades na Ruta do Viño Monterrei
Do 8 ao 10 de maio

Programa especial de Actividades na Ruta do Viño Valdeorras
Do 15 ao 17 de maio

Programa especial de Actividades na Ruta do Viño Rías Baixas
Do 22 ao 24 de maio

Programa especial de Actividades na Ruta do Viño Ribeira Sacra
Do 29 ao 31 de maio

Programa especial de Actividades na Ruta do Viño do Ribeiro
Do 5 ao 7 de xuño
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

