A Rede EuroVelo é un proxecto da Federación Europea de Ciclistas (ECF) que promoveu a apertura de 17 rutas de longa distancia que unen 42 países europeos a través de máis de 90.000 quilómetros de percorridos. Cada unha das 17 rutas de EuroVelo ten a súa propia temática e identifícase cun número dependendo da súa dirección: norte-sur (impar) ou leste-oeste (par).

As diferentes rutas permiten circular por vías en bo estado e con baixa densidade de tráfico a partir de itinerarios xa existentes ou de nova construción. A sinalización EuroVelo está estandarizada cun deseño homoxéneo que permite unha fácil interpretación independentemente do país polo que atravesa a ruta.

Unha oferta que fomenta a práctica do deporte, do ecoturismo, e tamén facilita o descubrimento amodo de novos destinos turísticos.

Arriba
Axúdanos a mellorar!