Vías Verdes é un proxecto da Fundación dos Ferrocarrís Españois en colaboración con entidades locais e autonómicas que funcionan como promotores e xestores para a posta en valor das antigas liñas de ferrocarril que percorrían España, xa en desuso, e a súa recuperación como itinerarios cicloturistas e sendeiristas.

Itinerarios non motorizados no seu maior parte e accesibles a todo tipo de público. Paralelamente, ao acondicionamento das antigas vías, tamén se recuperou o patrimonio ferroviario edificado como pontes, viadutos, túneles e antigas estacións reacondicionadas como para novos usos turísticos e culturais.

Unha oferta saudable e sostible para gozar do medio ambiente e coñecer a importancia que o ferrocarril tivo para a mobilidade en España.

Paseos dun ou varios días a pé ou en bicicleta para gozar da Galicia máis rural a través de tres das catro provincias galegas, e unha delas a curto prazo permitirá enlazar dúas cidades tan emblemáticas como A Coruña e Santiago de Compostela

Arriba