12 de agosto de 2026 · Galicia

Eclipse total de Sol en Galicia

Todo o que necesitas saber para disfrutala de forma segura

Un evento astronómico excepcional que se poderá observar desde boa parte de Galicia.

Nesta páxina reuniremos a información práctica e as ligazóns oficiais para planificar a experiencia: onde situarte, cando mirar e como facelo sen riscos. Os contidos iranse completando e validando de forma progresiva.

Onde se verá

Consulta a franxa de totalidade e elixe un punto con boa visibilidade do ceo. Accede ao mapa interactivo oficial do IGN para localizar as mellores zonas.

Mapa interactivo

Horarios por provincia

Accede aos horarios estimados segundo a túa localización mediante o visualizador oficial. Nesta sección incorporaremos un resumo por provincias.

Ir a horarios

Seguridade na observación

Recomendacións claras para observar a eclipse con seguridade, con ligazóns e materiais de referencia.

Ver recomendacións

Fontes oficiais

Nota: en agosto Galicia está en horario de verán (CEST, UTC+2). As horas oficiais poden diferir da “posta de sol real” se o teu horizonte oeste non é plano.

Que é unha eclipse solar total?

Fases dun eclipse solar (imaxe ilustrativa).

Unha eclipse solar ocorre cando a Lúa pasa diante do Sol e proxecta a súa sombra sobre a Terra. No caso dunha eclipse total, a parte máis escura da sombra (umbra) cobre o lugar onde estás durante uns instantes: o día “apágase”, baixa a temperatura e faise visible a coroa solar.

Parcial

O Sol vese “mordido”. En ningún momento queda totalmente cuberto.

Anular

A Lúa tapa o centro, pero queda un “anel” brillante arredor.

Total

O Sol queda completamente cuberto durante a totalidade. É a experiencia máis espectacular.

Por que en 2026 a totalidade entra por Galicia?

A franxa de totalidade é estreita: só a ven completa os lugares polos que pasa a sombra da Lúa. En 2026, esa traxectoria cruza o noroeste da Península e abrangue boa parte de Galicia.

  • Dentro da franxa de totalidade: poderás retirar as gafas só durante eses segundos/minutos.
  • Fóra da franxa: verase unha eclipse parcial (moi acusado nalgúns puntos), pero non total.
  • Un bo punto de observación é aquel con horizonte despexado e pouca contaminación lumínica.
Esquema dunha eclipse solar: Sol, Lúa, Terra, umbra e penumbra.

Onde se verá en Galicia?

A eclipse do 12 de agosto de 2026 verase como total nunha franxa concreta. En Galicia, o fenómeno prodúcese ao final da tarde e cara ao solpor, co Sol baixo no horizonte. Como referencia, no concello da Coruña o IGN indica que a eclipse remata arredor das 21:22 (hora oficial), antes da posta do sol. Importante: a visibilidade real pode variar se tes montes, edificios ou outros obstáculos cara ao oeste, polo que é clave escoller un lugar cun horizonte despexado.

Como escoller un bo punto de observación

  • Horizonte oeste despexado: a eclipse ocorre preto da posta de Sol, así que evita vales encaixados ou lugares con obstáculos.
  • Planifica accesos e aparcamento: busca espazos amplos e seguros (miradoiros, áreas recreativas, praias con saída ao oeste, etc.).
  • Chega con antelación: haberá moita afluencia en zonas de totalidade.
  • Confirma o teu concello no mapa oficial: a franxa de totalidade é estreita e cambia de lugar a lugar.

Mapa interactivo

Este mapa permite comprobar, concello a concello si está dentro da franxa de totalidade.

Orientación por provincias

A Coruña

Provincia con presenza clara de totalidade. A capital (A Coruña) está en totalidade e tamén moitos concellos da área metropolitana e do norte/interior. No suroeste e nalgunhas zonas costeiras a eclipse pode quedar en parcial.

Lugo

É a provincia galega con maior presenza da franxa de totalidade. A maior parte do territorio estará en totalidade (incluída a capital).

Ourense

Provincia “de contraste”: maioritariamente parcial, con totalidade nalgúns concellos. A totalidade concéntrase sobre todo no leste/sueste (Valdeorras e zonas de montaña), mentres que na contorna de Ourense cidade e boa parte do resto predomina a eclipse parcial.

Pontevedra

Predomina a eclipse parcial, con totalidade só en concellos concretos do interior. Na maior parte da provincia a magnitude é moi alta pero sen totalidade; os mellores puntos están en zonas interiores concretas.

Capitais de provincia (datos do IGN)

Estas láminas son un resumo oficial para as capitais (non para toda a provincia). Para confirmar a totalidade no teu punto exacto, usa o visualizador do IGN.

Lámina IGN: A Coruña (Total) - horarios e fases da eclipse.

A Coruña (Total)

Inicio 19:31 · Máximo 20:28 · Fin 21:22

🌑 Totalidade 1m16s 📏 Magnitude 1.03 ☀️ Altura 12°
Lámina IGN: Lugo (Total) - horarios e fases do eclipse.

Lugo (Total)

Inicio 19:32 · Máximo 20:29 · Fin 21:22

🌑 Totalidade 1m24s 📏 Magnitude 1.03 ☀️ Altura 11.2°
Lámina IGN: Ourense (Parcial) - horarios e fases da eclipse.

Ourense (Parcial)

Inicio 19:33 · Máximo 20:30 · Fin 21:23

📏 Magnitude 1.00 ☀️ Altura 11.1°
Lámina IGN: Pontevedra (Parcial) - horarios e fases da eclipse.

Pontevedra (Parcial)

Inicio 19:33 · Máximo 20:30 · Fin 21:23

📏 Magnitude 0.99 ☀️ Altura 11.7°

Fonte: IGN/CNIG (portal de eclipses). Mantéñense logos e integridade do material.

Horarios por concello

Busca o teu concello e consulta os horarios oficiais da eclipse. Os concellos con TOTALIDADE amosan o inicio/fin da totalidade; o resto verán unha eclipse PARCIAL. Hora oficial (CEST, UTC+2).

Consello: escribe poucas letras e escolle na táboa.

A Coruña

Provincia: A Coruña
🌑 TOTAL
Inicio eclipse
--:--:--
Fin eclipse
--:--:--
Máximo
--:--:--
Magnitude
--
Inicio totalidade
--:--:--
Fin totalidade
--:--:--
Duración totalidade
--
Sol (altura · azimut)
--° · ---°

O Sol estará moi baixo cara ao oeste/oeste-noroeste no máximo da eclipse. Elixe un lugar con horizonte oeste despexado.

Concello Tipo Máximo Totalidade Magnitude

Como observalo con seguridade

Protexer a vista é fundamental. Mirar o Sol sen a protección axeitada pode causar danos oculares permanentes.

Persoas observando unha eclipse con lentes de protección
O que non se debe facer
  • Non mirar o Sol directamente a simple vista, incluso se está nublado ou o Sol vése débil.
  • Non empregues lentes de Sol convencionais, por moi obscuras que sexan.
  • Non empregues cristais afumados, radiografías, CDs, espellos, nin ningún “truco caseiro”.
  • Non apuntes cámaras, prismáticos ou telescopios cara o Sol sen filtros específicos homologados.
Protección axeitada

Para observar a eclipse con seguridade é imprescindible empregar:

  • Lentes para eclipse con certificación ISO 12312-2, compradas a distribuidores de confianza.
  • Filtros solares específicos para telescopios, prismáticos ou cámaras, colocados sempre por diante do obxectivo.
  • As lentes de eclipse só se poden empregar se están en bo estado, sen rascaduras nin perforacións. Ante a dúbida, non se deben empregar.
Fases parciais vs. totalidade
  • Durante todas as fases parciais, aínda que quede só unha pequena dentada do Sol, a protección é obrigatoria.
  • Só durante os poucos minutos de totalidade completa (cando o Sol está 100% oculto pola Lúa) é seguro mirala sen lentes.
  • En canto reaparece o primeiro borde brillante do Sol, hai volver poñerse a protección ao momento.
  • Se estás nunha zona onde a eclipse non chega a ser total, non debes quitarte os lentes en ningún momento.
Métodos de observación indirecta
  • Proxección cun cartón con burato (cámara estenopeica).
  • Proxección a través de prismáticos/telescopio sobre unha pantalla (só por persoas con experiencia).
  • Observación a través de retransmisións oficiais en streaming.
Consello práctico: leva as lentes contigo e comproba que están en bo estado antes de saír. Se tes dúbidas, prioriza métodos indirectos.

Recursos e ligazóns

Aquí reuniremos ligazóns verificadas (cartografía, cálculos, consellos de seguridade e materiais divulgativos). Engadiremos descricións breves e indicacións de atribución cando corresponda.

Ligazóns principais

Relación inicial de recursos. Iremos ampliándoa con contidos validados.

Arriba