Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
Galicia posúe as características óptimas para o cultivo da camelia. Un clima húmido, temperaturas suaves e solos fértiles e acedos fan que o crecemento destas plantas sexa espectacular e sorprenda a expertos de todo o mundo.
As camelias chegaron a Galicia a finais do século XVIII, procedentes de países afastados como China e Xapón. Nun principio instaláronse nos xardíns dos pazos e casas señoriais da nobreza galega, pero co tempo introducíronse nos xardíns e terreos, tanto públicos como privados, de toda a nosa xeografía, ata converter Galicia nun referente internacional no cultivo e produción desta planta. Na actualidade a comunidade atesoura case 8.000 variedades diferentes de camelia.
Propoñémosvos varias rutas por algúns dos xardíns máis espectaculares de Galicia, como a que faredes no Tren turístico da Camelia que este ano 2024 terá saída o 9 e o 23 de marzo e permitirá coñecer varios xardíns de Excelencia Internacional. Xunto a esta experiencia incluímos a continuación outras rutas nas que nos deteremos nos fascinantes espazos verdes que albergan os pazos máis singulares das provincias da Coruña e Pontevedra. Coñeceremos todos os segredos que ocultan tanto as pedras como as especies botánicas destes lugares cheos dun encanto particular. Os produtos típicos e os viños de cada territorio intensificarán a exquisitez da nosa viaxe.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.