Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
Galicia é auga, é terra, é vento… Galicia é sentimento, paixón, ledicia, morriña… Galicia é arte, historia, lenda… É todo aquilo que vos fai soñar, emocionarvos, marabillarvos… Todo isto é Galicia, unha terra que iredes descubrindo pouco a pouco, paso a paso…
Por iso, presentámosvos unha selección de dez lugares únicos desta terra que de seguro non vos han deixar indiferentes e que, sen dúbida, encarnan a esencia de Galicia: atoparédesvos con marabillas naturais, como as Illas Cíes ou os acantilados de Vixía Herbeira, monumentos Patrimonio da Humanidade, como a Muralla de Lugo, a Torre de Hércules ou o Camiño de Santiago e o seu Casco Antigo, lugares únicos pola súa beleza arquitectónica e paisaxística, como a Ribeira Sacra ou o Ferrol da Ilustración, e outros lugares non menos especiais polo seu valor mitolóxico ou histórico, como o Cabo Fisterra ou o Castro de Santa Trega.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.