Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
Internarse nos bosques galegos é o mellor xeito de desconectar, de deixar atrás o frenético día a día para somerxernos nun remanso de paz e natureza.
O aire húmido mestúrase co aroma das nosas árbores, do mofo, das follas secas que renxen ao noso paso e, de fondo, o son da auga que, a través dos ríos e regatos, se vai abrindo paso paseniñamente ata bater co mar. Hai que permanecer atentos no percorrido, pois estes bosques, moitos deles insondables, acollen no seu seo unha fauna e unha flora dignas de admirar. Mestas carballeiras, aciñeirais, bosques de bidueiros e castiñeiros que, inmóbiles e silandeiros, esperan que vos acheguedes a eles e percorrades as súas paisaxes, dignas da Galicia máis máxica.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración