Sendas para descubrir un país

 É un catálogo de referencia daqueles sendeiros que cumpren as condicións de homologación esixidas pola FEDME (Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada) no ámbito estatal, ou a FGM (Federación Galega de Montañismo) no ámbito autonómico, e que  se axustan á normativa internacional.

Con esta información, querémoslle acercar o fascinante mundo do sendeirismo ao público en xeral e incentivar aos xa afeccionados para que descubran o rico patrimonio cultural e monumental dos camiños galegos. Antes de poñerte en camiño, é imprescindible que consultes publicacións especializadas e solicites máis información das institucións e asociacións recomendadas.
 

Descargar PDF Sendas para Descubrir un País

Localiza todos os sendeiros no MAPA

Podes realizar buscas por listado ou por mapa, proporcionando información sobre a lonxitude da ruta, o tempo estimado en percorrela, o nivel de dificultade e a cartografía, ademais de fotografías e outros datos de interese

Descárgate a aplicación SENDEGAL

Turismo de Galicia quere promover e potenciar a actividade do sendeirismo como unha maneira de achegarse aos nosos espazos naturais e ao noso patrimonio etnográfico e monumental.

 

Esta aplicación permitirache coñecer os sendeiros oficialmente homologados de Galicia, cunha pequena descrición da ruta e a súa visualización sobre Google Earth (con posibilidade de recreación en 3D). 
Os planos de cada unha delas poden descargarse desde o teu dispositivo móbil intelixente (iPhone, Android..) e gravarse previamente na memoria do teléfono (modo offline) ou utilizar o dispositivo en modo online. En ambos casos o GPS indicaranos en todo momento a nosa posición e permitiranos seguir o sendeiro sen dificultade.

Arriba
Axúdanos a mellorar!